Gabinete de Psicoloxía Andares adicámonos a escoitar, comprender, e intervir psicolóxica e emocionalmente nas situacións e circunstancias polas que pasan as persoas que deciden elexirnos como psicólogas e terapeutas.
Andares significa camiño, formas de andar e camiñar neste mundo tan complexo. Adicámonos a comprender cál é o problema/s polo que está a pasar a persoa ou sistema familiar, e ofrecer alternativas, estratexias de afrontamento que poidan axudarlle a conseguir as súas metas.
Pensamos que o prioritario para a intervención é a profesionalidade do servizo que ofrecemos, así como a búsqueda constante de novos instrumentos ou técnicas terapéuticas que aprendemos cada día no proceso de formación continuada que sempre temos presente.
“A brevidade é a alma do inxenio”
-Shakespeare-
Empregamos a Terapia Familiar Sistémica como ferramenta para afrontar o proceso terapéutico. A Terapia Breve Centrada en Solucións é o noso eixo central, de maneira que tratamos de empregar o menor número de sesións posibles, sempre dentro das necesarias para alcanzar os obxectivos marcados pola persoa/familia no inicio da terapia
Afrontamos cada proceso terapéutico coma un reto no cal acompañamos á persoa/familia na etapa do camiño onde sinte que precisa axuda ou asesoramento psicolóxico.
“Para abrir novos camiños, hai que inventar, experimentar, medrar, correr riscos, romper as regras, trabucarse e divertirse.”
-Mary Lou Cook-
A primeira sesión é para valorar a situación-problema, e marcar obxectivos terapéuticos.
Normalmente as sesións de psicoterapia márcanse cada 15 días, e cando a situación comeza a mellorar, estas sesións vanse espaciando máis.
Cada día aprendemos con todas as persoas que deciden asistir á nosa consulta, e isto permítenos poder observar e participar dun cambio persoal ou familiar. É algo que nos fascina, que nos apasiona. Cremos profundamente que “a figura da terapeuta aparece cando a persoa está motivada para o cambio, buscando axuda terapéutica para sentirse acompañada no seu propio proceso de cambio”.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web.