Din que un existe dende e ata o momento que alguén o pensa, que alguén o soña, quizáis por iso a orixe de Andares vai moito máis alá desta última década. Poderíase buscar entre as conversas apaixoadas das estudantes motivadas, inspiradas ou frustradas ante unha asignatura ou aprendizaxe universitario, ante os debates eternos das mentes curiosas sobre a filosofía, a sociedade, o amor, os vínculos, as relacións, os sentires, os teceres e desteceres da vida.
Andares xurde da idea compartida do amor por unha profesión, da idea de que o planeta precisa desesperadamente máis persoas que cultiven a paz, persoas que axuden a sanar e rehabilitar, que narren historias, e que den amor en todas as formas posibles. Precisa xente que viva de forma consciente e significativa.
Andares está feito de conversas con amigos, de risas cómplices, de miradas onde te atopas e instantes onde te perderías, de conflictos metamorfóseos que te levan a medrar, de viaxes dos que nunca volve a mesma, da rotunda seriedade que ten a presencia do humor nas nosas vidas, de lecturas onde mudas a pel, das presenzas e das ausencias que se nos tatúan, dos filmes que integras como experiencias propias, de música na que a túa alma vibra e de imaxes onde o tempo se para.
Materializámonos hai dez anos despois dunha formación sempre ambiciosa que nos esforzamos en seguir alimentando cada día, en búsqueda de novos enfoques e novas perspectivas terápeuticas que nos axuden a manternos apaixoadas e espertas na nosa profesión como parte do noso autocoidado, e que se reflictan na eficacia e calidade do noso traballo.
Andares é un espazo creado para as experiencias compartidas, para os encontros terapéuticos con un mesmo, para identificar o que nos nutre, para facer un alto no camiño, para parar, coller aire, e sermos conscientes de que estamos aquí, respirando.
Andares máis que un proxecto ideado, é unha forma de sentir, de ser, do noso compromiso persoal e profesional co coidado dos seres cós que nos cruzamos nos camiños.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web.